escrita
 SINDICATO DO ESCRITOR NERVIOSO (SEN)
Este sindicato non ten como misión defender os dereitos dos seus afiliados o que fai que esta organizacion sexa un ente totalmente inútil. Ao non existir rexistro de membros nin carnét nin tampouco estar recoñecida a figura do socio é imposible saber se aumenta ou mingua o seu número. Deste xeito, nos non existentes estatutos, en caso de escribírense nalgún momento, constará que a organización é esteril e non tenta facer proselitismo. Os seus posibles membros, se atendemos aos rumores que circulan porque non existe constancia fidedigna, son Xelís de Toro (case seguro), Roque Morteiro (se é que está viveiro), e Ricardo Terco (se é que se avén a falar cos demáis). A única figura importante en toda esta pantomina é o tesoreiro que son eu e me fuguei cos cartos que non había. Polo demais, ti es ti mentres non se demostre o contrario.

O Sindicato do Escritor Nervioso colabora con organizacións ambiguas semellantes como por exemplo o espazo boca2mouth (en inglés).

Powered by XOOPS 2.0 © 2001-2006 The XOOPS Project